Sendak, Maurice
Dez coelliños / Maurice Sendak - 1ª ed. - Pontevedra : kalandraka , 2025 - [25] p. : con il. cor ; 23.5 cm. - Tras os montes .
O humor é a principal calidade desta obra publicada en España en 2024, doce anos despois do pasamento do autor. Agás polos tons azuis, ocres e grises que colorean os coellos, predominan o branco e negro. Tamén sobresae por amosar dun xeito expresivo o amplo abano de emocións —dende a presunción inicial ata a desesperación e a impotencia posteriores— que experimenta o personaxe principal. Precisamente, o neno desta historia —alter ego do propio Sendak— identifícase cos protagonistas de «Onde viven os monstros», «Na cociña de noite», «O un era Xoán», «Sopa de polo con arroz» ou «Miguel, conto exemplar».
«Dez coelliños» é, por tanto, un libro co que iniciar as nenas e os nenos máis cativos na obra deste xenial autor e que sigan descubrindo os seus clásicos imprescindibles.
Mino avanza, fai unha reverencia, amosa o seu chapeu baleiro e, por arte de maxia, co toque da súa variña vai saíndo un coello, e outro, e outro máis… Os primeiros divírtenlle e mesmo se gaba da súa mestría artística, pero cantos máis coellos saca da súa chistera, o seu malestar vai en aumento: inquedos e rebeldes, estes orelludos animais brincan enriba da súa cabeza, cóanselle entre as pernas e ata chegan a cubrilo por completo. «Dez coelliños» de Maurice Sendak é un relato visual que, cun mínimo apoio narrativo, anima a contar do un ao dez en sentido crecente e decrecente, e a coñecer a grafía dos números.
Así, tralo décimo coello, o mago Mino fainos desaparecer un a un, exteriorizando o seu disgusto cun truco que se lle foi das mans e recuperando o sorriso pouco a pouco a medida que avanza a resta.
4º-5º-6º Educación Infantil
9788413433622
Maxia--Contos
82 82-N