Rodari, Gianni

Contos ó teléfono / Gianni Rodari - [2ª ed.] - Barcelona :Juventud ,1988 - 175 p :il ;19cm

Traducción de: Favole al telefono

Os relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura breve, exercicios de grande imaxinación adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben de clásicos como a Alicia de Lewis Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas. Gianni Rodari -do que se vai cumprir o seu centenario- xoga coa sonoridade da linguaxe, practica unha escrita metafórica de frases curtas e directas coa que potencia a oralidade.

Combinando historias intrigantes, ledas, entrañables ou tristes, “Contos por teléfono” tamén reivindica a liberdade, rexeita a guerra e activa a reflexión por parte dos lectores. Sería moi complexo escoller un favorito porque todos son cativadores, frescos e cun final do máis sorprendente.

1º-2º ESO

8426122132


Humor
Fantasía
Liberdade

82N-G 087.5:82

Coa tecnoloxía Koha