Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A festa dos animais / Marcos Farina

por Farina, Marcos [autor/a]; Nicolás, Iago‏ [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2025 Edición: 1ª ed.Descrición: [22 p.] : il. cor ; 19 cm.ISBN: 9788413433530.Títulos uniformes: The Animal Show.Materia(s): Animais -- ContosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
Contido:
Un acartonado ideal para xogar aos contrarios no que os animais acompañan as nenas e os nenos nas súas tarefas cotiás. «A festa dos animais» presenta unha vintena de especies: insectos, mamíferos, aves, réptiles… Hainos de distintos tamaños, que habitan en ecosistemas diferentes, algúns dos protagonistas son domésticos e outros viven en estado salvaxe. O texto —que utiliza tipografía maiúscula e en cor para resaltar as palabras clave— establece un xogo de conceptos contrarios asociado ás calidades de cada criatura, ás súas habilidades ou ás súas características. Canda eles, varios nenos e nenas acompañan os seus movementos ou imitan as súas accións dun xeito lúdico, experimentando situacións divertidas e dando renda solta á súa curiosidade. Trátase dunha forma orixinal, interesante e asequible para as nenas e os nenos máis pequenos de coñecer a fauna do mundo e a súa diversidade, de celebrar a súa convivencia en harmonía e amizade, ao tempo que amplían o seu vocabulario con adxectivos, verbos e outras fórmulas da linguaxe. Resulta especialmente chamativo o estilo vintage das ilustracións de Marcos Farina: son grafismos cun marcado interese pola xeometría, o coidado da composición e a expresividade dos xestos faciais, con cores suaves e planas.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe Montemogos
Sala préstamo
82-N FAR fes Dispoñible I-1 | Cartoné | Letras maiúsculas PEC114000014173

Un acartonado ideal para xogar aos contrarios no que os animais acompañan as nenas e os nenos nas súas tarefas cotiás.

«A festa dos animais» presenta unha vintena de especies: insectos, mamíferos, aves, réptiles… Hainos de distintos tamaños, que habitan en ecosistemas diferentes, algúns dos protagonistas son domésticos e outros viven en estado salvaxe. O texto —que utiliza tipografía maiúscula e en cor para resaltar as palabras clave— establece un xogo de conceptos contrarios asociado ás calidades de cada criatura, ás súas habilidades ou ás súas características. Canda eles, varios nenos e nenas acompañan os seus movementos ou imitan as súas accións dun xeito lúdico, experimentando situacións divertidas e dando renda solta á súa curiosidade.


Trátase dunha forma orixinal, interesante e asequible para as nenas e os nenos máis pequenos de coñecer a fauna do mundo e a súa diversidade, de celebrar a súa convivencia en harmonía e amizade, ao tempo que amplían o seu vocabulario con adxectivos, verbos e outras fórmulas da linguaxe.


Resulta especialmente chamativo o estilo vintage das ilustracións de Marcos Farina: son grafismos cun marcado interese pola xeometría, o coidado da composición e a expresividade dos xestos faciais, con cores suaves e planas.

4º-5º-6º Educación Infantil

Coa tecnoloxía Koha